Enviamos pescado fresco y marisco gallego a península en 24 horas (Baleares: 48h)

percebeiras

  • "Unha loita co mar", diario dunha percebeira

    percebeira-de-corme-costa-da-mortef

    Ring, ring (soa o despertador), son as 5:00.

    A marea hoxe chegha ás 8:30 da mañá. Érghome da cama e póñome a facer estiramentos durante 15’, xa que os ósos non responden. Sonche moitas horas, durante moitos anos, con eles na friaxe da augha do Atlántico.

    Coma sempre, baixo ata a caseta que teño no porto, onde gardo os meus apeiros de traballo, para prepararme para a faena: traxe de neopreno, ferrada, mandileta, unhas boas botas de ghoma e que non me falte o meu ghorro coa cinta de cores para que o pelo non me estorbe mentres traballo.

    Dán as 6:00, collo o coche e arranco cara a zona de traballo.

    En Corme temos 5 zonas que traballamos a “barbeito” e 4 delas son de difícil acceso xa que temos que camiñar moito antes de cheghar ó mar. Xa imaxinades, en inverno, chovendo e ventando cada día e co mar adoecido con ondas de máis de 4 metros. E no verán, co sol “a plomo” aínda que o mar algo mellor algunhas veces (pero poucas)

    Hoxe toca a zona da PERCEBELLOSA, dura de baixar e subir. No alto do monte paro a mirar o mar, está malo pero hai que intentalo. Ó cheghar á metade do camiño decido cambiar de pedra e ir ós NOUCHÓNS, caio 5 veces antes de cheghar porque o carreiro por onde accedo está moi esvaradizo.

    Chegho ás 6:45, poño a mandileta e espero a que sexan as 7 para empezar a traballar (sempre empezamos 1 hora e media antes da marea).

    Hoxe estou soa, vexo 4 percebeiros na Percebellosa e 2 nas POZAS D’ALBA, o resto supoño que estarán en EIRAS.

    A esa hora aínda o día non está claro e o mar é moito. Tan pronto me poño a empezar, unha vagha de mar xa me pon pingando (xa viña empapada de augha doce pola choiva e aghora estouno de augha salghada). Ando arriba e abaixo, vense poucos percebes (temos moito furtivismo).

    Ás 8:30 dá o repunte da marea e só collín 3 kg., quédame 1 hora coa marea subindo, intentarei coller os outros 2 kg. que me faltan para ter o tope (case nunca o consigo).

    Son as 9:30, o mar xa me bota fóra e por lei acabouse tamén o tempo para apañar. Non fun quen de conseguir o tope. Segue chovendo a chuzos e agora sento nunha pedra a limpar os percebes de mexillóns e algas (unha hora máis,e segue chovendo).

    Remato. Xa non vexo ós compañeiros, foron máis rápidos ca min (son máis novos). Eu teño 61 anos e pregúntome porque non nos xubilan ós 60. Con esta idade xa non estamos para andar correndo diante do mar. Prometer, prometer e prometer pero….non cumpren nada. Políticos!

    Oxalá a clase política, que tanto abre a boca en eleccións, se baixe un pouco a nós. Invitaríaos a que me acompañasen varios días de xornada para que despois puidesen tomar decisións. É moi fácil facelo dende os despachos. Agora dinnos que imos ter que levar coma un “diario de a bordo” coas capturas en tempo real. Non entendo esta medida xa que os vixiantes fan ese traballo cando rematamos cada xornada. Pero do coeficiente redutor ninguén fala, iso non interesa!

    Ás 10:45, máis ou menos, dispóñome a subir o monte que antes baixei, ata cheghar ó coche. Subir cústame moito máis, os anos non perdoan.

    Por fin chegho, alí está o vixiante para pesar os percebes, 3’700 kg. Recollo a ghía de transporte e diríxome á caseta do porto. Cambio de roupa, lavo a que levei traballar, téndoa, preparo os percebes para a venda e voume para a casa onde me espera meu pai que ten 91 anos e ó que coido coma se fose un fillo (antes el fíxoo con nós). O que máis desexo neste momento é cheghar á casa e ducharme.

    Son as 12:00.Xa teño que empezar co xantar (o resto das tarefas son as comúns en todas nós, e non son poucas!) pero antes teño tempo aínda para tomar un café coas amighas, iso que non falte, non todo vai ser traballar.

    Ser percebeira é un traballo moi, moi duro pero ó mesmo tempo é algo marabilloso. Se volvera a nacer volvería a ser percebeira, aínda que tamén teño que recoñecer que, neste momento, xa me ghustaría estar xubilada, pero... aínda me quedan uns anos máis.

    Quero agradecer a 'Fresco y del Mar' o recoñecemento a todas as percebeiras e mariscadoras. Con iniciativas coma ésta fan que o noso traballo sexa valorado.

    Grazas por visibilizar e poñer en valor este oficio.

    DENDE CORME…..BICOS ENSALITRADOS!

    --------------------------------- VERSIÓN TRADUCIDA ---------------------------------

    Ring, ring (suena el despertador), son las 5:00.

    La marea de hoy es las 8:30 de la mañana. Me levanto de cama y empiezo a hacer estiramientos durante 15’, ya que los huesos no responden. Son muchas horas, durante muchos años, con ellos en las frías aguas del Atlántico.

    Como siempre, bajo a la caseta que tengo en el puerto, donde guardo mis aparejos de trabajo, para preparar la faena: traje de neopreno, raspeta, mandil, unas buenas botas de goma y que no falte mi gorro con la cinta de colores para que el pelo no me estorbe mientras trabajo.

    Dan las 6:00, cojo el coche y arranco para la zona de trabajo.

    En Corme tenemos 5 zonas que trabajamos a "barbecho" y 4 de ellas son de difícil acceso ya que debemos caminar mucho antes de llegar al mar. Ya os podéis imaginar, en invierno, lloviendo y con viento, todos los días, con el mar bravo y olas de más de 4 metros. Y en verano, con el sol "a plomo" pero el mar un poco mejor, algunas veces (pero pocas).

    Hoy toca la zona de PERCEBELLOSA, dura de bajar y de subir. En lo alto del monte me paro a mirar el mar, está mal pero hay que intentarlo. Cuando llego a la mitad del camino decido cambiar de piedra e ir a NOUCHÓNS, me caigo 5 veces antes de llegar porque el camino por donde accedo es muy resbaladizo.

    Llego a las 6:45, me pongo el mandil y espero a que sean las 7 para empezar a trabajar (siempre empezamos 1 hora y media antes de la marea).

    Hoy estoy sola, veo 4 percebeiros en PERCEBELLOSA y 2 en las POZAS D’ALBA, el resto supongo que estarán en EIRAS.

    A esa hora aún el día no está claro y hay 'mucho mar'. Tan pronto empiezo, una ola me pone pingando (ya venía empapada de agua dulce por la lluvia y ahora lo estoy de agua salada). Ando de arriba a abajo, se ven pocos percebes (tenemos mucho furtivismo).

    A las 8:30 es el repunte de la marea y solo capturé 3 kg., me queda 1 hora con la marea subiendo, intentaré coger los otros 2 kg. que me faltan para llegar al tope (casi nunca lo consigo).

    Son las 9:30, el mar ya me echa fuera y por ley se acabó también el tiempo para recoger. No fui capaz de conseguir el tope. Sigue lloviendo a chuzos y ahora me siento en una piedra para limpiar los percebes de mejillones y algas (una hora más, y continúa lloviendo).

    Acabo. Ya no veo a los compañeros, fueron más rápidos que yo (son más jóvenes). Tengo 61 años y me pregunto porque no nos jubilan a los 60. Con esta edad ya no estamos para andar corriendo delante del mar. Prometer, prometer y prometer pero….no cumplen nada. Políticos!

    Ojalá, la clase política, que tanto abre la boca en elecciones, se baje algún día con nosotras. Los invitaría a que me acompañasen varios días de jornada para que después pudiesen tomar decisiones. Es muy fácil hacerlo desde los despachos. Ahora nos dicen que vamos a tener que llevar una especie de “diario de a bordo” con las capturas en tiempo real. No entiendo esta medida ya que los vigilantes hacen ese trabajo cuando finalizamos cada jornada. Pero del coeficiente reductor nadie habla, eso no interesa!

    A las 10:45, más o menos, me dispongo a subir el monte que antes bajé, hasta llegar al coche. Subir me cuesta mucho más, los años no perdonan.

    Por fin llego, allí está el vigilante para pesar los percebes, 3’700 kg. Recojo la guía de transporte y me dirijo a la caseta del puerto. Me cambio de ropa, lavo la que llevé trabajar, la tiendo, preparo los percebes para la venta y me voy para mi casa donde me espera mi padre que tiene 91 años y al que cuido como si fuese un hijo (antes él, lo hizo con nosotros). Lo que más deseo en este momento es llegar a casa y ducharme.

    Son las 12:00. Tengo que empezar a preparar la comida (el resto de tareas son las comunes en todas nosotras, y no son pocas!) pero antes aún tengo tiempo para tomar un café con las amigas, eso que no falte, no todo va a ser trabajar.

    Ser percebeira es un trabajo muy, muy duro pero al mesmo tiempo algo maravilloso. Si volviera a nacer volvería a ser percebeira, aunque también tengo que reconocer que, en este momento, ya me gustaría estar jubilada, pero... aún me quedan unos años más.

    Quiero agradecer a Fresco y del Mar el recoñecemento a todas las percebeiras y mariscadoras. Con iniciativas coma esta hacen que nuestro trabajo sea valorado.

    Gracias por visibilizar y poner en valor este oficio.

    DESDE CORME…..BESOS ENSALITRADOS!

1 artículo(s)

Programa CO300G 2023

Diputación A Coruña